O Sábado 25 de Abril, a Asociación de Sendeirismo “Paso Miúdo” do Val do Ouro, emprende unha nova ruta, esta vez de fin de semana, en Potes (Cantabria).
Ás 8 da maña, saímos da casa da cultura de Ferreira, para emprender a viaxe a terras Cántabras, con moita ilusión e ganas, co fin de pasar dous días inolvidables… como así foi.
Aproximadamente 4 horas de viaxe por unha boa vía , a A-8 , ata chegar a UNQUERA ; a partir de alí, outro galo cantaría, pasou a ser estreita e con moitísimas curvas, así , unos 40 km mais ou menos. Sobre as 12 e media chegamos a Potes, con un espléndido día, dirixímonos ó hotel, instalámonos e á 1 baixamos comer.
Pola tarde esperábanos a primeira ruta. Eran as 4 da tarde, empezábamos a camiñar con moitas gañas e ilusión (boa falta nos fixo) era unha ruta corta e circular, con moitas vistas impresionantes, pero con unha subida de aproximadamente 3km que fixo que sacaramos todo o entusiasmo que tiñamos para levalo a cabo. Mereceu a pena dende o alto , as paixases eran impresionantes.
De volta, sobre as 7 da tarde , e despois do necesari o baño, saímos por Potes, un pobo turístico. Ás 10, cea, e logo cada quen tomou a opción que quixo, cama ou “ruta nocturna” (a algúns xuntóuselle a “ruta nocturna” ca do día seguinte)
O domingo , ás 8 en pé , almorzo para coller forzas. De noite, tivera chovendo, pero amencia bastante despexado e pouco a pouco foi mellorando..
Subimos en autobús ata Fuente Dé, onde comezaba a ruta, a primeira parte no teleférico, no que subimos dende 936 m. ata 1900m. ,unha bonita experiencia, arriba as vistas eran … non se poden descubrir con palabras, máis que impresionantes, había neve, bastante,pero con todo eso os mais valentes do grupo decidimos baixar camiñando , uns 12 km ata Espinama. primeiros 3km, ata o Hotel de Aliba, foron duros, había moita neve e bastante baixada, pero foi unha bonita experiencia que non se vive todos os días, moitas fotos con paisaxes únicos, un bo día, soleado e con boa temperatura. A segunda parte ata Espinama, fácil, todo baixada. Ás 3 estabamos no hotel, con un xantar moi galego,cocido, (aínda que sen desmerecer o de Cantabria, mellor o noso)
Ás 3 e media chovendo e ben, pero xa non nos importaba …. estábamos satisfeitos de un fin de semana dos que non se olvidan fácilmente e que gusta recordar.
Ás 4 e media emprendemos a volta á casa e ás 8 no noso Val do Ouro, contentos e algo cansos.
Gracias por todo.
Jesús Sixto
miércoles, 29 de abril de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)